top of page

A RADIO CONTA 2019 - 7ª EDICIÓN

Logo + nome.jpg
Ano tras ano, dende o pasado 2013, 8 emisoras locais da cidade da Coruña organizan A radio conta. Trátase dun programa de tres horas de duración dende o Teatro Rosalía que ten como obxectivo render tributo á radio local e, á súa vez, recadar cartos para un fin solidario. 
 
Neste 2019 celébrase a sétima edición deste programa en que 40 profesionais de Radio Galega, Radio Marca, Onda Cero, Radio Nacional de España, InterCoruña, Radio Coruña-Cadena Ser, COPE e RadioVoz unen as súas forzas para deseñar, organizar e producir esta festa radiofónica. Unha festa a compartir nesta sétima edición coa asociación Asanog, entidade que traballa con nenos oncolóxicos, que sofren cancro, e que ofrece todo tipo de apoio ás súas familias.
Así que este sábado 28 de decembro de 17 a 20h todo o dial coruñés emite de maneira simultánea o mesmo programa, algo único na historia da radio española e europea.
 
Nesta sétima edición estarán os humoristas Xosé Touriñán e Moncho Borrajo, os actores Luís Iglesia e Marita Martínez ou o deseñador Antón Lezcano. A música porana Pablo Díaz, Brais Morán e As Tanxugueiras. Poderemos oír as regueifas de Lupe Blanco e a voz do actor de dobraxe Javier López. Estarán as deportistas olímpicas Sofía Toro e Julia Benedetti. E, grazas ao traballo do guionista Óscar Cruz, a alcaldesa e os grupos municipais da Coruña van ter “algún tipo de papel” nun espectáculo radiofónico que estará cheo de sorpresas.
 
A entrada ao Rosalía de Castro é de balde, con donativo voluntario e coa posibilidade de comprar algún dos produtos que estarán á venda, a favor de Asanog. A iniciativa está aberta a colaboracións a través da fila cero e o número de conta: ES61 2100 1453 2102 0025 9900 (La Caixa).
Por último, para todas aquelas persoas que non se poidan achegar ao teatro herculino, o Concello da Coruña retransmitirá o evento a través da súa páxina web.
 
A RADIO CONTA... E MOITO!!!
Vídeo do programa
PODCAST DO EVENTO
bottom of page