top of page

ELECCIÓNS XERAIS 10-N (10-11-19)

Comezamos unha vez máis a través desta WEB da radio do IES de Pastoriza un apartado especial para contarlles todo o que acontece nunhas Eleccións Xerais, as segundas neste ano 2019, posteriores ás do pasado 28 de abril. Nesta ocasión, máis de 37 millóns de españoles están chamados a elixir aos representantes políticos das Cortes Xerais para os vindeiros catro anos.
O IES de Pastoriza é unha vez máis colexio electoral. Nel, os empadroados en Pastoriza deberán votar ao longo do domingo 10 de novembro dende as 09:00h ata as 20:00h (sempre que se vaian cumprindo os prazos).
A organización destes comicios corren a cargo no noso país do Goberno e do Ministerio do Interior, que puxo a disposición dos cidadáns que desexen mirar unha páxina web e unha app onde seguir toda a xornada electoral. Pódenla vostedes ver e/ou descargar premendo no botón que consideren oportuno:
Poden seguir toda a información desta xornada nesta páxina WEB.
Xornada de reflexión (09-N)
Este mesmo mediodía, a subsecretaria do Ministerio do Interior e o secretario de Estado de Comunicación explicaron, nunha rolda de prensa dende o Centro de Datos, como se vai desenrolar a xornada electoral dominical. Aquí podes escoitar a rolda de prensa e descargar un dossier que recolle todos os datos de interese deste 10-N (preparado polo Ministerio do Interior):
Comparecencia 09-N (PRESENTACIÓN DO DISPOSITIVO ELECTORAL) - Ministerio do Interior
00:00 / 00:00
09:00h (10-N)
Abren xa os colexios electorais en todo o país nunha xornada marcada pola chuvia e o vento, aquí, en Galicia. #ELECCIÓNSXERAIS10N
10:39h (10-N)
Remata neste intre a rolda de prensa do secretario de Estado de Comunicación e da subsecretaria do Interior dende o Centro de Datos de Madrid. Ambos foron os encargados da difusión dos datos de apertura desta xornada electoral en España. A rolda de prensa pódela escoitar no PODCAST deste evento que se atopa na parte superior e dereita deste apartado da WEB RADIO FUROCA.
Comparecencia 10:30h (INFORMACIÓN SOBRE O INICIO DA XORNADA) - Ministerio do Interior
00:00 / 00:00
14:41h (10-N)
Remata neste intre a rolda de prensa do secretario de Estado de Comunicación e da subsecretaria do Interior dende o Centro de Datos de Madrid. Ambos foron os encargados da difusión dos datos do primeiro avance de participación desta xornada electoral en España. A rolda de prensa pódela escoitar no PODCAST deste evento que se atopa na parte superior e dereita deste apartado da WEB RADIO FUROCA.
Comparecencia 14.30h (PRIMEIRO AVANCE DE PARTICIPACIÓN) - Ministerio do Interior
00:00 / 00:00
18:41h (10-N)
Remata neste intre a rolda de prensa do secretario de Estado de Comunicación e da subsecretaria do Interior dende o Centro de Datos de Madrid. Ambos foron os encargados da difusión dos datos do segundo avance de participación desta xornada electoral en España. A rolda de prensa pódela escoitar no PODCAST deste evento que se atopa na parte superior e dereita deste apartado da WEB RADIO FUROCA. 
Os colexios electorais, o IES de Pastoriza entre eles, permanecerán abertos até as 20:00h
Comparecencia 18.30h (SEGUNDO AVANCE PARTICIPACIÓN) - Miniterio do Interior
00:00 / 00:00
20:00h (10-N)
Pechan os colexios electorais na península. A sorte está botada, dentro dunhas horas coñeceremos os resultados electorais.
23:02h (10-N)
Remata a comparecencia da ministra portavoz, Isabel Celaá, e do ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska. Ambos foron os encargados da difusión dos resultados provisionais destas Eleccións Xerais. A rolda de prensa pódela escoitar no PODCAST deste evento que se atopa na parte superior e dereita deste apartado da WEB RADIO FUROCA.
Durante o día de mañá estarán dispoñibles os resultados electorais nesta páxina web. 
Comparecencia 22.30h (COMUNICACIÓN RESULTADOS PROVISIONAIS) - Ministerio do Interior
00:00 / 00:00
10:28h (11-N)
Resultados.png
Info RADIO FUROCA.png
PODCAST DO EVENTO
bottom of page