top of page
SUPERDOMINGO ELECTORAL 26-M
Comezamos unha vez máis a través desta WEB da radio do IES de Pastoriza un apartado especial para contarlles todo o que acontece nunhas eleccións moi próximas ás anteriores do pasado 28 de abril. Nesta ocasión, máis de 35 millóns de españoles/as están chamados a elixir aos concelleiros e concelleiras a nivel local e até 37 millóns están chamados, en España, a votar nas eleccións europeas. Ademais, en 12 comunidades autónomas os cidadáns están chamados ao sufraxio para escoller aos representantes en cadanseu parlamento.
Aquí, en Arteixo o IES de Pastoriza é unha vez máis colexio electoral. Nel, os empadroados en Pastoriza deberán votar ao Concello de Arteixo e ao Parlamento Europeo, posto que en Galicia non se celebran eleccións autonómicas.
A organización destas eleccións locais e europeas corren a cargo no noso país do Goberno e do Ministerio do Interior que puxo a disposición dos cidadáns que desexen mirar, unha páxina web e unha app onde seguir todo o SUPERDOMINGO ELECTORAL 26-M. Pódenla vostedes ver e descargar premendo no botón que consideren oportuno:
Podes seguir todo a información desta xornada nesta páxina WEB.
Este mesmo mediodía, a subsecretaria do Ministerio do Interior e o secretario de Estado de Comunicación explicaron, nunha rolda de prensa dende o Centro de Datos, como se vai desenrolar a xornada electoral dominical. Aquí podes escoitar a rolda de prensa e descargar un dossier que recolle todos os datos de interese deste 26-M (preparado polo Ministerio do Interior):
Comparecencia 25-M (PRESENTACIÓN DO DISPOSITIVO ELECTORAL) - Ministerio do Interior
00:00 / 00:00
Abren xa os colexios electorais. #SUPERDOMINGOELECTORAL26M
Remata neste intre a rolda de prensa do secretario de Estado de Comunicación e da subsecretaria do Interior dende o Centro de Datos de Madrid. Ambos foron os encargados da difusión dos datos de apertura desta xornada electoral en España (municipais e en 12 comunidades, autonómicas) e na maioría de Europa (eleccións ao Parlamento Europeo). A rolda de prensa pódela escoitar no PODCAST deste evento que se atopa na parte superior e dereita deste apartado da WEB RADIO FUROCA.
Comparecencia 10:30h (INFORMACIÓN SOBRE O INICIO DA XORNADA) - Ministerio do Interior
00:00 / 00:00
Remata neste intre a rolda de prensa do secretario de Estado de Comunicación e da subsecretaria do Interior dende o Centro de Datos de Madrid. Ambos foron os encargados da difusión dos datos do primeiro avance de participación desta xornada electoral en España (municipais e en 12 comunidades, autonómicas) e na maioría de Europa (eleccións ao Parlamento Europeo). A rolda de prensa pódela escoitar no PODCAST deste evento que se atopa na parte superior e dereita deste apartado da WEB RADIO FUROCA.
Comparecencia 14:30h (PRIMEIRO AVANCE DE PARTICIPACIÓN) - Ministerio do Interior
00:00 / 00:00
©APP ELECCIÓNS 26-M (MINISTERIO DO INTERIOR)
©RADIO FUROCA
Remata neste intre a rolda de prensa do secretario de Estado de Comunicación e da subsecretaria do Interior dende o Centro de Datos de Madrid. Ambos foron os encargados da difusión dos datos do segundo avance de participación desta xornada electoral en España (municipais e en 12 comunidades, autonómicas) e na maioría de Europa (eleccións ao Parlamento Europeo). A rolda de prensa pódela escoitar no PODCAST deste evento que se atopa na parte superior e dereita deste apartado da WEB RADIO FUROCA.
Comparecencia 18:30h (SEGUNDO AVANCE DE PARTICIPACIÓN) - Ministerio do Interior
00:00 / 00:00
PODCAST DO EVENTO
bottom of page