top of page
Buscar
Foto del escritorRadio Furoca

RADIO FUROCA CELEBRA A SÚA HABITUAL FESTA DE FIN DE CURSO


Un ano máis está a chegar a fin do curso 2018-19 e, como xa vén sendo habitual, Radio Furoca celebrou unha festa en recoñecemento do profesorado e alumnado que forma a pequena gran familia da radio do IES de Pastoriza.

Para algúns dos colaboradores é o seu último ano na nosa radio, debido a que cursaron 4ª da ESO e marchan a outros centros para rematar coa sua formación de cara a poder entrar no mercado laboral. Neste senso queremos facer un recoñecemento a catro alumn@s: Adrián Barbosa (4ºA), Lucía Araujo (4ºC), Michelle López (4ºB) e Valentina Vázquez (4ºB).


De esquerda a dereita: Adrián, Lucía, Luis Miguel (profesor), Michelle e Valentina

Outros aínda teñen 3, 2 ou, soamente, 1 curso máis para desfrutar de Radio Furoca.

Todos eles levaron agasallos: o DVD onde se recollen todos os programas do curso, unha memoria USB de 4 ou 8 xigabytes, unha chapa, unhas lambetadas e unha camiseta co deseño de Radio Furoca deste 13ª ano de vida e da cor elixida por cada un.


DESEÑO DVD 2019 - ELISA TÉLLEZ (Prof. Plástica)

Tamén, e como paso para ir recibindo os diferentes agasallos, foise visualizando na pantalla do Salón de Usos Múltiples do IES de Pastoriza, unha presentación preparada por Luis Miguel onde se ían nomeando aos diferentes alumnos participantes a través do nome dun micrófono.

Foi un evento que comezou no 2º recreo do día (12:20h) e durou até a metade da seguinte hora.

GRAZAS A TODOS E TODAS OS NOSOS COLABORADORES E COLABORADORAS, AGARDÁMOSVOS O VINDEIRO CURSO ESCOLAR
 

LIGAZÓNS RELACIONADAS CON ESTA ENTRADA

50 visualizaciones1 comentario

1 Comment


Radio Furoca
Radio Furoca
Jul 18, 2019

Grazas por este primer curso de vida d#ANOSAWEB. O vindeiro curso poderes seguir escoitando a través dela os nosos programas. Tamén comezamos a realizar unha labor informativa sobre eventos relevantes (eleccións, saídas do IES...). Xa comezamos tamén a facer un seguimento do RC Deportivo.

Like
bottom of page