top of page
Buscar
Foto del escritorRadio Furoca

RADIO FUROCA CELEBRA O SEU 13º ANIVERSARIO


Radio Furoca celebrou hoxe, 12 de abril, a súa festa de décimo terceiro aniversario. Aínda que realmente Radio Furoca cumpre o 16 de marzo, hai un mes, pospuxemos a festa ata hoxe porque comezan as vacacións de Semana Santa!!!

Pero comecemos polo principio... Durante toda esta semana estívose avisando aos colaboradores da radio de que iamos celebrar esta festa o venres no segundo recreo e a quinta hora escolar (12:20-13:30).

Onte, xoves 11, repartíronse as invitacións que funcionaron como rifa para os sorteos que fixemos:

-Exemplo RIFAS 13º ANIVERSARIO-

E chegou o momento crucial, soou a sirena que indicaba o segundo tempo de lecer do día. Pouco a pouco foron chegando os convidados ao Salón de Usos Múltiples do IES de Pastoriza e cando xa estaban case todos, deu comezo a sesión.

Comezou a falar Luis Miguel, alma páter de Radio Furoca, que agradeceu a todos que estivesen alí e puxo na pantalla dixital tres vídeos, entre os que resaltamos o vídeo conmemorativo deste aniversario. Tamén fíxose especial mención a Pablo Añón (3ºA) que foi o encargado de realizar esta páxina web:


Xusto despois, fóronlles entregados os agasallos aos profesores e alumnos colaboradores. Para os profes eran unha camisola, unha chapa e unha barra de chocolate; para os alumnos eran unha camisola, unha chapa e un elemento de material escolar. As encargadas de empaquetar todos os agasallos foron Michelle López e Valentina Vázquez. GRAZAS, RAPAZAS!!!


-Agasallo 13º ANIVERSARIO-

Volveu soar o timbre e moitos profesores tiveron que marchar para seguir coa ensinanza, pero os que quedaron e o alumnado convidado gozou duns espectaculares petiscos. Tortilla, galletas, lambetadas de todo tipo e o produto estrela... a TARTA.

Sesión fotográfica e todo o mundo axudou a recoller. Rematou a festa e subimos ás clases para a última hora da xornada.

MOITAS GRAZAS A TOD@S, QUE SEXAN POLO MENOS 13 ANOS MÁIS.
 

LIGAZÓNS RELACIONADAS A ESTA ENTRADA

42 visualizaciones0 comentarios

Comments


bottom of page