Radio Furoca acolleu este xoves 22 de novembro a celebración do Día da Música do ano 2018. O noso profesor de música, Pablo Veiga, organizou un ano máis este gran día para a música.
Tocáronse instrumentos tradicionais galegos como a pandeireta e tamén outros coma o piano, os platillos, a frauta travesa e o saxofón.
Pablo decidiu, tras un pouquiño de presión por parte do alumnado, tocar un pouquiño o piano. A primeira peza resultou ser un éxito e viuse obrigado a tocar unha segunda.
Podes visitar a galería de imaxes do evento na WEB do IES de Pastoriza ou premendo na seguinte ligazón: https://drive.google.com/drive/folders/1iMqDkl-p5F48_F4P3ecygvzrakA6TSYj
Comments