Radio Furoca, a radio do IES de Pastoriza, ten o pracer de presentar a todos/as os seus oíntes un elemento que amplia a modernización que está a levar a cabo. Unha PÁXINA WEB convírtese nun gran paso de cara a esa modernización.
O 5 de novembro do ano 2018 quedará marcado na historia de RADIO FUROCA como o día en que #ANOSARADIO deixa de ser a radio interna do IES de Pastoriza e convírtese nun medio de comunicación aberto e sen lindes.
Con esta WEB, a radio deixa de emitir soamente no instituto, xa que no apartado de PODCAST calquera poderá escoitar os nosos programas. A partir deste apartado de noticias podedes estar á última das noticias da nosa radio.
Por último, calquera pode poñerse en contacto connosco a través do noso CORREO ELECTRÓNICO: radio.furoca@iesdepastoriza.edu.es
Así que todos e todas a desfrutar e escoitar RADIO FUROCA.
Comments