Este 8 de marzo celebrase, como se vén facendo dende o ano 1911, o Día da Muller. Un día para reivindicar os dereitos das mulleres fronte á desigualdade que sufren nas diferentes sociedades do planeta.
Por esa razón, Radio Furoca e o IES de Pastoriza quixeron realizar unha homenaxe a todas esas mulleres que traballan os 365 días do ano por un mundo mellor. Esa homenaxe realizouse cun programa especial que soou hoxe día 7 a través dos altofalantes do instituto e no que se recolleron diferentes cancións que tratan diferentes temas, pero sempre relacionados con este día.
Esas cancións son as seguintes:
Girls Just Want to Have Fun - Cyndi Lauper
La Puerta Violeta - Rozalén
Malo - Bebe
Yo por ellas, ellas por mí - Movimiento Feminista Madrid
Tamén puidemos escoitar, ao inicio e ao final do programa, unha das múltiples campañas da radio do IES de Pastoriza, que moi pronto poderedes visualizar no apartado de campañas deste WEB.
Pero para esta ocasión tan especial, Radio Furoca non quería que o programa fose só un audio e polo tanto, preparou un vídeo. Deixámolo para que o vexades na nosa canle de YouTube
Tamén podedes escoitar o programa no noso podcast
8 MARZO, UN DÍA PARA CONSEGUIR 365 DÍAS COAS MESMAS OPORTUNIDADES
Comments