Radio Furoca informa aos seus oíntes de que o pasado xoves día 22 de novembro, presentou unha serie de problemas que tiveron como consecuencia que non se puidera emitir internamente o programa RESTAURANTE OCIO & CULTURA dese xoves. Os nosos alumnos non quedaron sen nada no 2º recreo, xa que os nosos técnicos de son, moi hábiles, emitiron diferentes cancións que fixeron o tempo de descanso máis ameno.
A radio do IES de Pastoriza lamenta as molestias e informa de que o programa non emitido poderá escoitarse o vindeiro xoves 29.
Comments