top of page
Buscar
Foto del escritorRadio Furoca

O IES DE PASTORIZA CELEBRA O SEU HABITUAL FESTIVAL DE ENTROIDO

Actualizado: 23 feb 2020


Ao igual que en ocasións anteriores, a festa estivo aderezada cos concursos de disfraces (de índole individual e comparsas) e o concurso gastronómico. O nivel de ambos concursos foi altísimo debido á dedicación do alumnado e profesorado do centro na realización dos disfraces e da comida típica destas datas.

A organización do festival correu a cargo dunha chea de alumnos e alumnas do insti e especialmente das dúas profesoras de Galego, Mari e Fani. Ademais, o xurado dos concursos estivo conformado por alumnado (do segundo ciclo da ESO) e profesorado.

Adrián Ordóñez encargouse de amenizarnos a festa musicalmente e Pablo Añón realizou unha reportaxe fotográfica conformada por cento setenta e sete imaxes e un vídeo dunha duración superior aos vinte minutos (o que se atopa na parte superior desta entrada).

Por último, debido a esta celebración excepcional, Radio Furoca non emitiu a súa programación habitual dos venres. A través da megafonía emitíronse, como é normal nos días de festa, diferentes cancións durante ambos os recreos.

GRAZAS A MARI, FANI E TODO O ALUMNADO ORGANIZADOR POR PREPARAR ESTÁ XORNADA FESTIVA E POR FACER DESFRUTAR A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA... BO ENTROIDO E O DÍA 27 VOLVEMOS!!!
 

LIGAZÓNS RELACIONADAS CON ESTA ENTRADA

33 visualizaciones0 comentarios

Comments

Couldn’t Load Comments
It looks like there was a technical problem. Try reconnecting or refreshing the page.
bottom of page