A Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamaba oficialmente no ano 2012 o día 13 de febreiro como Día Mundial da Radio. O obxectivo deste día é "concienciar ao público e aos medios de comunicación acerca da importancia da radio, afoutar aos encargados de tomar decisións a crear e ofrecer acceso á información a través da radio; así como mellorar as redes e a cooperación internacional entre os organismos de radiodifusión".
Por todo isto, Radio Furoca non podía faltar á cita deste #DÍAMUNDIALDARADIO e preparou un pequeño audio de celebración deste día. Nel, aparece unha cuña de radio no que o alumnado do IES de Pastoriza participante en Radio Furoca defende a DIVERSIDADE (https://cutt.ly/crKeccA).
Por último, enviamos este audio á páxina web da UNESCO sobre o Día Mundial da Radio para participar a nivel internacional nesta celebración.
VIVA A RADIO!!!
LIGAZÓNS RELACIONADAS CON ESTA ENTRADA
Comments