top of page
Buscar
  • Foto del escritorRadio Furoca

RADIO FUROCA PRESENTA O SEU PROGRAMA ESPECIAL DE NADAL 2019

Actualizado: 23 feb 2020


Un ano máis, a radio do IES de Pastoriza presenta con motivo da celebración das festas de Nadal o seu PROGRAMA ESPECIAL. Tras a primeira emisión deste evento o curso pasado, en que se recolleron cancións clásicas destas datas, para este curso, Radio Furoca decidiu escoller cancións non tan coñecidas pero que teñen moita relación co Nadal.Dito episodio emitiuse no segundo recreo deste venres 20 de decembro e no que se puideron escoitar as seguintes cancións:

  • Light Of Christmas - Owl City & TobyMac

  • Nadal de Luintra - Berrogüetto

  • Last Christmas - Ariana Grande

  • Blanca Navidad - Raphael

  • The Tip Of The Iceberg - Owl City

Un programa completado cunha breve introdución e coa campaña número 48 da nosa radio, a campaña navideña. Ademais, un episodio no que se aprecian breves momentos de humor.Para rematar, o programa vai acompañado dun vídeo en que se poden ver as traducións ao galego de cada canción. Atópase na nosa canle de YouTube. Esta trátase da última emisión de Radio Furoca neste ano 2019 posto que hoxe comezan oficialmente as vacacións de Nadal. Soamente desexarvos unhas boas festas e un bo inicio de 2020!!!

Podes escoitar o programa premendo na seguinte ligazón: https://radiofuroca.wixsite.com/radiofuroca/podcast-especiais-2019-20?wix-music-track-id=5933691194834944&wix-music-comp-id=comp-jzr46ljw
 

LIGAZÓNS RELACIONADAS A ESTA ENTRADA

12 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo

O IES DE PASTORIZA CELEBRA O SEU HABITUAL FESTIVAL DE ENTROIDO

Ao igual que en ocasións anteriores, a festa estivo aderezada cos concursos de disfraces (de índole individual e comparsas) e o concurso gastronómico. O nivel de ambos concursos foi altísimo debido á

bottom of page