top of page
Buscar

RADIO FUROCA FAI UN SEGUIMENTO DIARIO DA VIAXE Á NEVE NO 2020 DO IES DE PASTORIZA

  • Foto del escritor: Radio Furoca
    Radio Furoca
  • 19 ene 2020
  • 1 Min. de lectura

Actualizado: 22 feb 2020


Dende o sábado 11 de xaneiro e ata o día 18 do mesmo mes levouse a cabo a viaxe a Andorra organizada polo Departamento de Educación Física para o alumnado de 3º e 4ª da ESO do IES de Pastoriza. Durante esa semana, trinta e dous alumnos deses cursos (xunto con outros do IES Salvador de Madariaga e o IES Breamo) recibiron clases diarias de esquí na estación Pal Arinsal do país veciño. O alumnado deses centros educativos, xuntos cos profesores acompañantes, desfrutaron de divertidas mañás de esquí e amenas tardes de paseo polo centro da capital andorrana e a visita un dos días ao balneario máis grande de Europa: Caldea.

Radio Furoca, como radio oficial dun dos institutos organizadores da excursión, non quixo perder a oportunidade de trasladar os seus bártulos para manter informada á comunidade educativa do desenvolvemento da actividade. As crónicas diarias poden escoitarse no informativo de cada día desa semana da man de Pablo Añón en Andorra e Paula Pérez ao mando das Noticias.

FOI UN AUTÉNTICO PRACER CUBRIR A ACTIVIDADE NA NATUREZA E NUN PAÍS DISTINTO AO ESPAÑOL. QUE HAXA MOITAS MÁIS VIAXES!!!
 

LIGAZÓNS RELACIONADAS A ESTA ENTRADA

Entradas recientes

Ver todo

Comments


bottom of page