top of page
Buscar
Foto del escritorRadio Furoca

RADIO FUROCA ACOLLE, UN ANO MÁIS, A CELEBRACIÓN DO DÍA DA MÚSICA

Actualizado: 19 dic 2019


Como xa é habitual no transcurso de cada ano escolar no IES de Pastoriza, conmemorouse cun concerto musical por parte do alumnado do centro o Día da Música. Aínda que este celébrase a nivel mundial o día 22 de novembro, coincidindo coa festividade de Santa Cecilia, o departamento de Música decidiu festexalo este mércores 27 debido ao alto número de exames nesta recta final da 1ª avaliación.

Ao igual que nos anos anteriores, o concerto dividiuse entre os dous recreos do día e tivo lugar no Salón de Usos Múltiples do instituto. Malia isto, a programación habitual de Radio Furoca deste día non se viu afectada e o programa de hoxe escoitouse no patio.

No primeiro recreo puidemos desfrutar da pandeireta de Claudia, a guitarra eléctrica de Castro ou da voz de ópera de Xoán, entre outros. Xa na segunda metade da xornada quedámonos impresionados co saxofón de Artai ou a excelsa voz de Iria.

Houbo unha moi boa acollida por parte do alumnado do IES de Pastoriza, que acudiu en tropel ao espectáculo musical.

Dende a radio do IES de Pastoriza queremos felicitar tanto aos alumnos e alumnas máis musicais do centro como ao noso profe de Música, Pablo Veiga, por brindarnos a oportunidade de acoller este evento.
 

LIGAZÓNS RELACIONADAS A ESTA ENTRADA

24 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


bottom of page