Arrincamos nova temporada na radio do IES de Pastoriza!!! Hoxe, 30 de setembro, Radio Furoca realizou o primeiro dos múltiples programas que se emitirán ao longo deste curso 2019-20.
Como levamos realizando dende o ano 2006, cada segundo recreo en cada día lectivo do curso contaremos con un novo episodio.
Entre as novidades máis destacadas para este ano escolar atópanse que:
Os episodios DIARIOS de Radio Furoca emitiranse os luns, martes e mércores (o pasado curso eran martes, mércores e venres). Correrán a cargo de Luis Miguel Herrero (profesor de Relixión e fundador desta radio.)
Os episodios de RADIO FUROCA ROCK, que volven correr a cargo de Pablo Veiga (profesor de Música), soarán os xoves. Será un programa mensual, como xa é habitual.
Os episodios do RESTAURANTE & CULTURA, de novo preparados por Élida Barrela (profesora de Lingua Castelá e secretaria do IES de Pastoriza), terán o seu lugar en Radio Furoca os xoves.
A imaxe que encabeza esta entrada é o deseño da nosa emisora para este curso 2019-20. A campaña de captación de locutares e oíntes será presentada ao longo deste semana, ao igual que a nova programación.
Coma levamos facendo dende o pasado mes de novembro, cada día subiremos a esta web o programa correspondente. Volve encargarse delo Pablo Añón (alumno de 4ºA).
Por último, tamén habilitaremos o apartado de programas para que poidades ler de que trata e quen encabeza cada programa.
Arrincamos unha nova temporada, agardamos que sexa do voso agrado. Traballaremos arreo para elo.
Comments