top of page
Buscar
Foto del escritorRadio Furoca

RADIO FUROCA HABILITA UN APARTADO DE CAMPAÑAS FORMATIVAS A TRAVÉS DA WEB


IMAXE: Campañas formativas Radio Furoca

A radio do IES de Pastoriza acaba de habilitar nun novo apartado da súa páxina web, que xa levaba uns meses en preparación, todos os audios e os vídeos dispoñibles das campañas formativas de creación propia.

A intención coa que Radio Furoca vén realizando estas campañas xa dende o inicio da súa emisión é a de concienciar ao alumnado do IES de Pastoriza e a todos os seus ouvintes de diferentes aspectos que considera que toda sociedade que se preze debería ser.

Algunhas destas campañas céntranse en temas como a igualdade entre homes e mulleres, a igualdade entre razas ou a importancia para a saúde propia e a dos diferentes ecosistemas do planeta de non fumar.

Son en total sesenta e cinco as campañas que esta radio leva preparadas e que poden xa visitarse no APARTADO DE CAMPAÑAS FORMATIVAS da Web Radio Furoca.

Todas elas consta dun audio e moitas delas xa teñen un vídeo (subidos na nosa canle de Youtube), os vídeos restantes irán preparándose e colgándose nesta web.

RECORDARVOS QUE O CURSO COMEZA O 16 DE SETEMBRO E QUE NOS ESCOITAREMOS DE NOVO O PRIMEIRO DÍA LECTIVO DE OUTUBRO. SEGUIDE ATENTO A ESTA PÁXINA WEB DA RADIO DO IES DE PASTORIZA.
 

LIGAZÓNS RELACIONADAS CON ESTA ENTRADA

8 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Commentaires


bottom of page