19 de xuño do 2020... Último día de clase neste curso 2019-20. Quen nos ía dicir que sería un curso marcado por unha pandemia mundial? Quen nos ía dicir que o noso último programa sería o RESTAURANTE OCIO&CULTURA do venres 14 de marzo?
É por isto que Radio Furoca púxose mans á obra para poder presentar, neste inolvidable ano, un programa especial a modo de retrospectiva e despedida. O noso compañeiro Pablo Añón encargouse de poñer a voz, pero as de todos os colaboradores estiveron indudablemente presentes.
A escaleta deste programa —titulado «Crónica de una aventura con final inesperado»— podería ser, grosso modo, a seguinte:
00:00 a 01:12 - Sintonía especial.
01:13 a 02:34 - Introdución.
02:35 a 04:22 - Retrospectiva COVID-19.
04:23 a 05:17 - Tributo aos nosos heroes.
05:18 a 07:01 - Agradecementos e presentación imaxe conmemorativa curso 2019-20.
07:02 a 07:27 - Presentación agasallos colaboradores.
07:28 a 12:05 - Mensaxes dos colaboradores (Elis Vázquez, Gloria del Pino López, Vanessa Domínguez, Jara Rodríguez, Luz Zas, Yolanda Rodríguez, Desirée García, Judith Conde, Montse Collazo e Luis Miguel Herrero).
12:06 a 12:45 - Tributo á Radio.
12:46 a 15:11 - Despedida aos compañeiros de 4ª da ESO e do resto dos colaboradores.
15:12 a 16:31 - Despedida persoal de Pablo Añón (remate gazapo).
Un programa que xa está dispoñible no apartado de Podcast Especiais 2019-20 e que é o último tras tres meses e cinco días sen a nosa programación habitual.
Agora si... por última vez neste curso... DESFRUTADE DO VERÁN e ATÉ SETEMBRO ou ATÉ SEMPRE!!!
LIGAZÓNS RELACIONADAS CON ESTA ENTRADA
Comments